Login Register

XIV Congreso Internacional de la Sociedad Española de Didáctica de la Lengua y la Literatura

    
4ª Circular: Informaciones de Interés [PDF]

3ª Circular: Comunicaciones y publicaciones [PDF]

Acreditación del congreso como formación continua [VER]

Acreditación del Congreso:

El Congreso está acreditado como formación continua para los profesores de enseñanza reglada en Portugal, de los grupos 110, 200, 210, 220, 300, 320, 330, 340 e 350.

Más información en: http://www.cffh.pt/?m=ver_plano_formacao&id=22



2ª Circular: Call for Papers SEDLL 2013 [PDF]

1ª Circular: Presentación del XIV Congreso International SEDLL 2013 [PDF]




Presentación

Ensinar, educar, investigar son tarefas que as sociedades contemporáneas abordan cunha crecente perspectiva global, con dificultades e solucións que, cada vez máis, transcenden a eficacia das respostas locais. Baixo esta dimensión, a Área de Estudos Espanhóis e Hispano-Americanos do Departamento de Estudos Românicos da Universidade do Minho pretende que o XIV Congreso de la Sociedad Española de Didáctica de Lengua y Literatura se constitúa como un espazo de intercambio científico e intercultural que promova, ademais, de maneira específica, unha aproximación á realidade didáctica e educativa do mundo hispano e lusófono, coas súas semellanzas e paralelismos, pero tamén coas súas singularidades e identidades.

En consecuencia, a realización do congreso anual da SEDLL en Portugal pretende potenciar as marcas de identidade da asociación definidas ao longo de tres lustros e, co título “Didáctica del Español/Lengua Extranjera: investigación, planificación académica y perspectivas de futuro”, servir como espazo de debate acerca do ensino do español no mundo global. Funcionará como eixo articulador do tema, a discusión en torno aos horizontes científicos, institucionais e académicos da didáctica do ELE, despois do boom orixinado pola demanda internacional de aprendizaxe de español e da expansión da oferta académica en case todos os ciclos de estudo. A pesar, con todo, deste significativo incremento dos estudos de español existen aínda importantes desafíos, derivados do estatuto científico da súa didáctica, de estándares de calidade profesional e da redefinición dos estudos de posgrao no marco de Boloña.

Coa firme convicción de que estes e outros asuntos incluídos nas diferentes áreas temáticas serán obxecto dunha fértil discusión científica e académica, en nome do Comité Organizador, convídovos a participar no XIV Congreso Internacional de la SEDLL, co desexo, ademais, de que, do 3 ao 5 de decembro, a Universidade do Minho sexa testemuña dun enriquecedor e proveitoso diálogo intercultural, que fortaleza as nosas experiencias académicas e profesionais, e a cidade de Braga se converta no espazo propicio para unha convivencia que transcenda a actividade estritamente congresual.


Xaquín Núñez Sabarís
Presidente do Comité Organizador